Curso de socorrismo e prazas de esquí para os máis novos

Para participar no curso de socorrismo hai que ter cumpridos os 16 anos e, como mínimo, ter o título da ESO ou Competencias Clave Nivel 2

A Concellería de Promoción Económica, Participación, Xuventude e Novas Técnoloxías organiza un curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais co que se obterá o certificado de profesionalidade.

Trátase dun curso dirixido especialmente aos máis novos do

municipio. Para participar hai que ter cumpridos os 16 anos e, como mínimo, ter

o título da ESO ou Competencias Clave Nivel 2. Tamén é necesario posuir as

habilidades e destrezas mínimas en natación.

Os interesados poden acodir a unha reunión informativa que se celebrará o próximo 25 de novembro as 20:00 horas no Centro Arteixo Innovación, na Avda. Arsenio Iglesias. Para máis información poden chamar ao teléfono 981659140.

Prazas para a campaña de esquí 2020

A Deputación de A Coruña organiza a Campaña de Esquí 2020, que terá lugar na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, para nenos e nenas de toda a provincia, de 11 a 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2020). Os participantes gozarán de catro días na estación invernal, ademais dos cursos de esquí.

Ao Concello de Arteixo concedéronlle 13 prazas para rapaces empadroados en Arteixo, correspondéndolle a terceira quenda, do 7 ao 10 de febreiro de 2020. O transporte desde a comarca, tanto de ida como de volta está incluído na oferta. Terán preferencia as persoas que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación. Cada participante deberá aboar unha cuota de inscrición de 85€. Máis información: https://www.dacoruna.gal/deportes/esqui

Procedemento de inscrición

PREINSCRICIÓN: As preinscricións deberán entregarse con data

límite o 4 de decembro antes das 14.00 h

No Servizo Municipal de Deportes, na Avenida Arsenio

Iglesias s/n de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h

Na dirección de correo electrónico [email protected]

SORTEO PÚBLICO. No suposto que existan máis solicitudes que

prazas ofertadas (13) realizarase un sorteo público ante a Secretaria Municipal

que terá lugar o xoves 5 de decembro ás 11.00 h no salón de plenos municipal.

MATRÍCULA. As persoas que teñan praza adxudicada deberán

entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das

14.00 h do 16 de decembro. No caso que o Concello detecta que falta algunha documentación,

non será admitida:

Ficha de inscrición (pendente de publicar) debidamente

cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante.

Unha foto tipo carné.

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.

Pago da cota de inscrición (85 €) no número de conta facilitado pola Deputación e publicado na súa páxina web. Deberán entregar dito xustificante no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 16 de decembro.Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de espera.

Más en Deportes