Coñecer o patrimonio, un dereito da infancia

Patrimonio galego hórreo
photo_camera Patrimonio galego hórreo

Os escolares galegos coñecerán os elementos do patrimonio natural e etnográfico que caracterizan a Galicia.

Unha unidade didáctica achegará aos alumnos de Educación Primaria o coñecemento sobre elementos patrimoniais propios de Galicia como a Píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), os hórreos ou a lingua galega nun proxecto que forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.

A Sociedade para o Estudo e Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico, constituída no ano 2007 co obxectivo de divulgar o patrimonio galego ten elaborado unha unidade didáctica titulada “Só no camiño de Galicia. Coñecendo o patrimonio Singular galego.” Este material pretende achegar aos alumnos o coñecemento sobre elementos patrimoniais propios de Galicia como a Píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), os hórreos ou a lingua galega.

O documento está configurada coma un documento de apoio ao labor do profesorado de Educación Primaria e o proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. Esta guía está dirixida aos profesores de alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

470 centros de ensino (98 de A Coruña, 87 de Lugo, 83 de Ourense e 203 de Pontevedra) recibirana de xeito gratuíto no seu formato dixital, co que se agarda que poidan desenvolvela neste curso académico máis de 5000 escolares que recibirán apoio e asesoramento por parte dos redactores da Sociedade para o Estudo e Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico.

O primeiro obxectivo desta unidade didáctica é que o alumno teña unha visión global da importancia da conservación destes elementos singulares galegos. No caso da píntega rabilonga e o seu hábitat, o respecto polo noso medio natural e o coidado e defensa da biodiversidade e dos bens que nos ofrece como patrimonio universal, para a nosa xeración e as vindeiras. En segundo lugar, preténdese implicar e concienciar á sociedade do importante papel que desempeña no uso e desenvolvemento responsable dos legado patrimonial.

Para iso, resulta imprescindible realizar accións de educación desde a infancia e achegar ás aulas o patrimonio da diversidade do patrimonio, especialmente daqueles elementos únicos cos que temos unha especial responsabilidade, e como coidalos.

Os alumnos coñecerán a distribución dos elementos singulares galegos e como coidalos e protexelos das ameazas que poñen en perigo a súa presenza.

Más en El Portal de la Infancia