Galicia rexistra 6.085 afectados

o número de afectados activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.085. Esta información é do xoves día 16 de abril de 2020
Datos afectados coronavirus 16 de abril
photo_camera Datos afectados coronavirus 16 de abril

Hoxe 16 de abril, a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade informa que o número de afectados activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.085.

Ademais, de todos los pacientes afectados:

  • 1.332 son da área da Coruña,
  • 592 da de Lugo,
  • 1.203 da de Ourense,
  • 501 da de Pontevedra,
  • 1.089 da área de Vigo,
  • 1.025 da de Santiago,
  • e 343 da de Ferrol.

E por exemplo, do total de pacientes positivos: 123 permanecen en UCI, 678 están en unidades de hospitalización e 5.284 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.383 altas de pacientes e 405 falecementos. E o número de PCR realizadas é de 53.829.

Tamén o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,9% do total das persoas residentes: 6.085 casos en total; falecementos 405; e dentro do total vinculados con centros residenciais: 965 son usuarios, 422 profesionais e 86 en hospitales e residencias integradas.

Respecto das 3 persoas falecidas onte en centros residenciais, 2 foron da residencia Claudina-Somoza (A Coruña) e 1 foi da residencia San Pedro de Crecente.

Casos afectados y teléfonos de interés

Desde a Dirección Xeral tamén se incide no uso do 061 para casos graves e emerxencias. Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e
tamén consultar sintomatoloxía leve.

Sinar tamén que o SERGAS ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal ), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.



Más en Arteixo