Víctor Bautista, ciruxán cardiaco infantil, beca Menudos Corazones

El cirujano Víctor Bautista Hernández, ganador de la segunda convocatoria de la Beca Menudos Corazones
photo_camera El cirujano Víctor Bautista Hernández, ganador de la segunda convocatoria de la Beca Menudos Corazones

O cirurxán Víctor Bautista, responsable da unidade de cirurxía cardíaca infantil e conxénita do CHUAC e director do grupo de investigación de
cardiopatía estrutural e conxénita do INIBIC, resultou gañador da segunda edición da Beca Menudos Corazones, convocada pola Fundación Menudos Corazones e a Sociedade Española de Cardioloxía Pediátrica e Cardiopatías Conxénitas.

O estudo, titulado “Illamento de mitocondrias para autotransplante en pacientes pediátricos con cardiopatías conxénitas”, obtivo a máxima valoración por parte do tribunal.

Os datos preliminares sobre esta nova terapia (transplante de mitocondrias autólogas extraídas de tecido san, e inxectadas no tecido cardíaco danado de pacientes pediátricos) son, en palabras do médico e investigador, “moi prometedores”.

“É unha honra recibir esta beca impulsada, precisamente, por unha entidade que representa a pacientes e familiares, porque significa un importante respaldo á actividade que realizamos. Con este apoio, remataremos de poñer a punto a técnica e esperamos poder practicar, mais adiante, un ensaio clínico”, explica o Dr. Bautista.

A cerimonia de concesión da beca celebrouse o sábado 18 de maio de 2019, en Sevilla, ao comezo da Asemblea de Socios da SECPCC, no marco do 53º Congreso Anual da Asociación Europea de Cardioloxía Pediátrica e Cardiopatías Conxénitas.

No acto, María Escudero, presidenta da Fundación Menudos Corazones, fixo entrega do premio, en representación do galardoado, á cirurxana María García Vieites, do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. “A investigación é a garantía de futuro das nenas e nenos con cardiopatías conxénitas. E na configuración de ese futuro, a SECPCC e a Fundación Menudos Corazones van da man”, declarou María Escudero, quen formou
parte do comité avaliador dos proxectos de investigación presentados nesta segunda convocatoria.

Para Javier Pérez-Lescure, secretario da SECPCC, “a investigación médica é un pilar básico para a mellora da atención sanitaria. Neste sentido, a Beca Menudos Corazones supón unha oportunidade para o desenvolvemento de estudios de cardiólogos e cirurxáns cardíacos infantís españois que, a través da súa aplicabilidade clínica, suporá unha mellora nos coidados dos nenos e as nenas con cardiopatías conxénitas”.

Cardiopatía conxénita
A cardiopatía é a patoloxía conxénita de maior incidencia en España. Cada día, nacen 10 nenos cunha cardiopatía conxénita; o que supón 4.000 nenos cun problema de corazón ao año. As cardiopatías mais graves requiren sucesivas intervencións acompañadas de longas hospitalizacións, así como revisións periódicas que se prolongan en ocasións ata que os afectados son adultos. E outras cardiopatías necesitan intervencións terapéuticas mediante cateterismo ou cirurxía e requiren revisións cardiolóxica periódicas. Trátase dunha patoloxía crónica.

Fonte: Gabinete Comunicación CHUAC

Más en Salud y Medicina Hoy