Os Bolechas e a bruxa Befana chegan acompañados este Nadal para compartir vacacións coa cativada.
O 14 de decembro presentouse, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, a xira dos Bolechas para este Nadal 2022-2023.
Nesta ocasión virán acompañados da bruxa Befana, un personaxe típico de Nadal en Italia.
Ademais este ano a xira dos Bolechas, se desenvolve desde o 22 de decembro ata o 8 de xaneiro.
A bruxa Befana
A bruxa Befana é unha bruxa! Pero unha bruxa boa… moi, moi boa… molto buona!, din os que a coñecen. Tamén é a encargada de levarlles doces e xoguetes ás nenas e nenos italianos, pero que este ano desviouse do seu camiño para acabar na casa dos Bolechas.
Datas e vilas
- 22 DE DECEMBRO
VILAGARCÍA DE AROUSA
Auditorio Municipal: 19 h
23 DE DECEMBRO - TRAZO
Centro Social Polivalente: 17 h
29 DE DECEMBRO
PADRÓN
Auditorio Municipal: 18 h
30 DE DECEMBRO
REDONDELA
Multiúsos da Xunqueira: 18 h
3 DE XANEIRO
VIANA DO BOLO
Casa da Cultura: 18 h
4 DE XANEIRO
ABADÍN
Salón de actos do Concello: 16.30 h
7 DE XANEIRO
FOZ
Sala Bahía: 18.30 h
8 DE XANEIRO
SANTA COMBA
Auditorio - Edificio multiúsos: 17.30 h