Consello de Participación infantil: un obxetivo

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu en decembro (2019) ás xornadas de formación sobre o programa Cidades Amigas da Infancia de Unicef celebradas en Boqueixón. Alí anunciou que o Goberno galego creará un Consello autonómico de participación infantil e adolescente o próximo ano. O obxetivo é recoller ideas e necesidades da mocidade galega mediante as cales impulsar estratexias e iniciativas á súa disposición.

Fabiola García lembrou que se trata dunha solicitude reiterada pola mocidade que permitirá acadar máis cohesión e concienciación no conxunto da sociedade galega sobre a necesidade de protexer os dereitos da infancia e da adolescencia.

Así, o Consello de Participación infantil estará conformado polos participantes nas comisións locais que pertenzan ao programa Cidades Amigas da Infancia. Por outro lado buscará solucións para as diferentes dificultades ás que se enfronta a xuventude desde o consenso e a colaboración. 

Neste sentido, a conselleira sinalou que durante o último ano o número de localidades galegas adheridas ao programa Cidades Amigas da Infancia pasou dunha, Castrelo de Miño, a nove coa incorporación dos concellos de Teo, Cabanas, Carnota, Moeche, Redondela, Tomiño, Porriño e Ourense.

A conselleira agradeceu á FEGAMP a súa colaboración na divulgación deste proxecto mediante a cal xa se está atraendo o interese doutros concellos como o de Ponteareas e O Barco de Valdeorras.

Más en El Portal de la Infancia