Xurxo Couto detalla o traballo do BNG en beneficio da xente

Xurxo Couto, voceiro do Bng Arteixo
Xurxo Couto, do grupo municipal nacionalista, presentou no pleno ordinario mocións sobre diferentes cuestións que importan aos veciño

A través dun comunicado, o Bloque Nacionalista Galego, con Xurxo Couto como portavoz, explica o seu traballo dende a oposición.

O grupo municipal do BNG en Arteixo presentou no pleno ordinario celebrado o 31 de outubro de 2019 unha moción en relación aos Orzamentos da Xunta para 2020. Todos os grupos da corporación acordaron por unanimidade reclamar á Xunta de Galicia as seguintes medidas demandadas polo BNG. Así, solicitarase unha partida orzamentaria lóxica para o abastecemento de Larín, a posta en marcha de bacharelato no IES en Pastoriza e o servizo de tarde e persoal nos centros de saúde en Meicende e Vilarrodís.

Paralización de obras en Meicende

O BNG en Arteixo pediu no pleno explicacións e información

ao goberno municipal sobre o estado actual de diversas obras paralizadas en

Meicende. O BNG preguntou pola situación legal do contrato de obras de

urbanización das Eiras (Meicende) coa empresa adxudicataria e cando teñen

previsto retomar as obras. Preguntado sobre o procedemento xudicial co veciño

que se nega a abandonar a súa vivenda, o goberno do PP non respondeu e comentou

que "o avogado do veciño solicitou unha cita co Concello".

Tamén en Meicende está parada a obra do parque do centro

cívico. En abril de 2019 o Concello de Arteixo formalizou o contrato para a

construción dun parque a carón do centro cívico de Meicende. A obra foi

adxudicada a "Avanza Gestión Integral de Inmuebles" por valor de

300.006 euros e un prazo de execución, que se está incumprindo, de 6 meses. En

relación a isto, o BNG preguntou ao goberno os motivos da paralización da obra

e a situación administrativa e legal do contrato. O goberno respondeu que as

obras están paradas debido a un poste da luz e que agardan a resposta de

Naturgy para poder continuar.

Accesibilidade do parque de Santaia

O Concello de Arteixo habilitou un parque infantil na

parroquia de Santaia. En cambio, o parque non conta con bancos nin papeleiras e

advírtese unha falta de servizos de limpeza. Aínda máis grave, o parque

incumpre a lei de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas. O

BNG preguntou por todo isto ao goberno do PP. Este respondeu que xa ten unha

proposta dos veciños para sementar herba, plantar árbores e colocar bancos e

papeleiras. Comprometéronse a facer un parque accesible.

Polígono de Sabón

Comprometidos cos comerciantes de Arteixo e a súa actual

preocupación debido á modificación puntual das normas subsidiarias do conxunto

do Polígono de Sabón onde curiosamente se amplían os usos no sector terciario,

o BNG preguntou polo número de solicitudes de licenza e o tipo de actividades

pedidas nas parcelas 75, 76 A y B, 77 y 79 do polígono industrial de Sabón.

O goberno avanzou que hai 3 licenzas: para un supermercado (Mercadona), un edificio para usos terciarios como oficinas e para urbanizar nos límites da parcela (vinculada á modificación das normas subsidiarias). -Autor de la imagen que ilustra: Arteixo Hoy. Xurxo Couto BNG-