A Xunta investirá na ampliación do instituto Aquis Celenis, en Caldas de Reis

A Xunta investirá 3,5 millóns na amñlipación do IES Aquis Celenis, en Caldas de Reis-El Portal de la Infancia
photo_camera IES Aquis Celenis, en Caldas de Reis / Foto La Voz de Galicia -El Portal de la Infancia

Engadirase un andar máis ao edificio existente, dotado de aulas polivalentes, de música e debuxo, así como zona ‘maker’, ximnasio e vestiarios, entre outros.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, asinaron o convenio de colaboración para acometer a ampliación do instituto IES Aquis Celenis, na localidade pontevedresa. A Xunta de Galicia investirá arredor de 3,5M€
nesta actuación
, que, tal e como sinalou o conselleiro, ten por obxectivo dar resposta á crecente demanda de prazas neste centro.

Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia sinalou que esta obra vai supoñer unha importante mellora para comunidade educativa deste instituto, que contará con espazos renovados e máis amplos, axustados ás novas necesidades.

Non en balde, a ampliación realizarase de acordo co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia, que é a folla de ruta do Goberno galego para as infraestruturas educativas da próxima década. O plan aposta por un novo modelo de escolas máis flexibles, máis tecnolóxicas e sostibles, adaptado á situación poscovid e conta cun orzamento de 191M€ para a lexislatura.

Novo andar

O instituto ten actualmente dúas aulas por cada curso de ESO e tres por cada curso de Bacharelato, que suman un total de 377 alumnos, o que obriga a ocupar todos os espazos dispoñibles, incluídos departamentos e salas de profesores. A ampliación prevé a construción dun andar a maiores no edificio existente, cunha superficie total construída de 2.372 m².

O novo espazo estará dotado de aulas polivalentes para as dúas etapas, aulas de música e debuxo e zona maker. Así mesmo, haberá unha zona para o uso docente, aseos, ximnasio e vestiarios.

Tal e como explicou o conselleiro, unha vez asinado o convenio encargarase a redacción do proxecto, para o que os orzamentos deste 2022 xa recollen unha partida de 50.000€. Desta forma, as obras poderían iniciarse ao longo do ano 2023.

Pola súa banda, o Concello de Caldas de Reis comprométese a obter os terreos lindeiros ao instituto para a dotación dun aparcamento, a outorgar as licenzas de edificación necesarias e a reurbanizar as entradas e o aparcadoiro con acceso rodado ao instituto e ao Centro Público Integrado Alfonso VII. Así mesmo, colaborará coa Xunta na disposición dos espazos para reubicar ao alumnado durante a execución das obras, no caso de que sexa necesario.

Más en Arteixo