Xornada de portas abertas nas escolas de Vilarrodís e Barrionovo

 

As escolas de Educación Infantil de Vilarrodís e Barrionovo van realizar unha xornada de portas abertas para todas aquelas familias de nenas e nenos que comecen a escolarización no 2º ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos) o vindeiro curso 2018-2019.

Nestas xornadas as familias poden visitar as instalacións dos centros educativos, coñecer as metodoloxías empregadas e proxectos educativos así coma informarse sobre os servizos e actividades dispoñibles.

Por outro lado, as escolas de Educación Infantil de Larín, Lagoa e Rorís coa mesma finalidade de dar a coñecer as súas instalacións, metodoloxía e actividades a desenvolver, realizan unha atención personalizada a todas aquelas familias que estean interesadas.

EEI Vilarrodís / 616466312 / eei.vilarrodis@edu.xunta.es

EEI Barrionovo / 696846412 / eei.barrionovo@edu.xunta.es

EEI Larín / 981606212 / eei.larindearriba@edu.xunta.es

EEI Rorís / 981640238 / eei.roris@edu.xunta.es

EEI A Lagoa / 981646930 / eei.lagoa@edu.xunta.es