Visitas guiadas pola arte urbana de Carballo

visitas guiadas arte urbana carballo
photo_camera Visita guiada pola arte urbana de Carballo.

Máis de mil escolares da provincia participaron no último ano en visitas guiadas pola arte urbana de Carballo.

Máis de mil escolares da provincia participaron no último ano en visitas guiadas pola arte urbana de Carballo. Polo que estes días é moi doado que te cruces polas rúas de Carballo con grupos de estudantes moi atentos ás explicacións da nosa técnica de Turismo. Rematados os exames do trimestre, o que toca antes de que empecen as vacacións de Semana Santa é complementar os contidos adquiridos nas aulas coa formación a pé de rúa, e o noso museo ao aire libre é unha fonte inesgotable de aprendizaxe.

Cada vez son máis os centros escolares que recorren ao programa de visitas guiadas pola arte urbana que ofrécese dende a área de Turismo. Onte, recibiron a dous grupos da Laracha e un de Coristanco. No último ano participaron nas rutas un total de 1.036 estudantes de colexios e institutos de Carballo, do resto da Costa da Morte e tamén de distintos puntos da provincia.

Pero as visitas non están dirixidas en exclusiva aos centros educativos, senón a todo tipo de grupos integrados como mínimo por 10 persoas. De feito, cada vez é máis habitual que a ruta pola arte urbana de Carballo forme parte dun agasallo de aniversario ou do programa dun encontro de antigos alumnos, que aproveitan a súa estancia entre nós para coñecer máis polo miúdo os proxectos Derrubando muros con pintura e Rexenera Fest, pero tamén para facer as compras no comercio local ou na feira, para xantar ou para tomar algo na hostalaría local.Organizar unha ruta deste tipo é moi doado.

Para inscribirse hai que cubrir este formulario e poñanse en contacto para fixar data e hora. E se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto en [email protected], [email protected] ou nos teléfonos 981 70 20 77 e 698 15 64 02.

Más en Arteixo