Rosalía, poesía e herdanza

“Dalgunha maneira, ela é capaz aínda hoxe de abrirnos os ollos á existencia dunha cultura galega propia e singular, cunha raíz milenaria que paga a pena cultivar e facer medrar” - Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura...

Homenaxe a Rosalía de Castro. Fonte www.xunta.es

Dalgunha maneira, ela é capaz aínda hoxe de abrirnos os ollos á existencia dunha cultura galega propia e singular, cunha raíz milenaria que paga a pena cultivar e facer medrar” - Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura.

Onte, 15 de xullo, fíxose unha homenaxe a Rosalía de Castro na Casa-Museo da escritora, en Padrón, con motivo do día no que se cumpren 129 anos do seu pasamento.

Ao acto sumouse a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representnada polos secretarios xerais de Cultura e de Políticca Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente.

Anxo Lorenzo agradeceulle á Fundación Rosalía de Castro que fixeran un acto coma ese para que non se esqueza á escritora, aproveitando a ocasión para salientar que nese tipo de actos hai a oportunidade de falar da construción cultural de Galicia.

Na súa intervención, o secretario xeral tamén recordou que “hai moito no que hoxe somos que lle debemos ao que Rosalía nos anticipou, aos camiños que ela abriu”. “Por iso –dixo–, saudamos con gratitude, cada ano, as voces que se unen a esta celebración, con novos versos e novos tons, para seguir revitalizando a súa achega e poñendo a súa voz na actualidade”.

Ademais, aproveitouse o acto como escenario da presentación das obras gañadoras do II Premio Escolar Rosalía de Castro.