"As nosas preguntas mensuais sobre o Plan Xeral tiveron efecto"

Vista dunha parroquia de Arteixo pendente do Plan Xeral
O portavoz socialista de Arteixo agarda que o goberno axilice os trámites para a redacción dun novo Plan Xeral e reclama total transparencia no proceso

O portavoz socialista, Simón López, agarda que se axilicen os trámites para a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

O grupo socialista local reforzou nos últimos meses a presión sobre o goberno de Arteixo para reactivar a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Simón López, portavoz no concello, empezou a preguntar en cada pleno pola evolución dos traballos .“As nosas preguntas mensuais tiveron efecto e parece que por fin se deciden a facer algo despois dunha década de parálise absoluta”, asegura. Lembramos que o goberno liderado polo PP anunció a rescisión do contrato para a redacción dun novo documento urbanístico. O urbanismo de Arteixo caracterizouse, en palabras de López, “polo crecemento desordenado e unha falta de seguridade xurídica que supuxo un verdadeiro lastre para a economía local”. Por isto, agarda que o goberno axilice os trámites para a redacción dun novo Plan Xeral e reclama total transparencia no proceso.

Panorámica do Concello de Arteixo