Patricia Boedo substitúe a Simón López como voceira dos socialistas de Arteixo

Patricia Boedo, veciña de Meicende, é concelleira dende o ano 2019 e conta cunha longa experiencia no sistema educativo arteixán
Voceira psoe Arteixo Patricia Boedo Naya
photo_camera Patricia Boedo Naya, actual voceira do Psoe Arteixo

O Psoe local propón á profesora no CEIP Ponte dos Brozos e veciña de Meicende, Patricia Boedo, para asumir unha nova responsabilidade


A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo decidiu propoñer o nomeamento da concelleira, Patricia Boedo, como voceira socialista no concello. "Darlle un pulo a actividade política do partido" a nivel local é a finalidade, afirman. Ademáis, o Psoe "quere agradecer e poñer en valor o traballo realizado por Simón López durante estes dous anos nos que foi voceiro no concello. E onde seguirá a exercer a súa boa labor como concelleiro", engaden desde a agrupación.

Patricia Boedo, veciña de Meicende, é concelleira dende o ano 2019, conta cunha longa experiencia no sistema educativo arteixán, exercendo de mestra durante 6
anos no CEIP San Xosé Obreiro. Alí foi xefa de estudos durante tres anos e actualmente é mestra especialista en audición e lingüaxe no CEIP Ponte dos Brozos. No centro exerceu de mestra titora e é parte activa do recoñecido proxecto de innovación.

“É unha nova responsabilidade para mín", asegura a nova voceira. "Pero agradezo a confianza dos compañeiros para liderar o grupo municipal no que queda de lexislatura. Seguiremos a facer unha oposición firme con propostas realistas. Queda un ano para poder cambiar esa situación e imos traballar arreo para conseguilo”, asegura.

A Executiva Local cre que Boedo é, según o secretario xeral Martín Seco, “a voceira que necesita o noso partido para afrontar o proceso electoral que terá que afrontar o partido nas municipais de 2023.


Más en Arteixo