Os socialistas instan a reforzar o Centro de Información á Muller

O PSOE local volve a presentar unha moción no Pleno.
Foto: Stefan Keller (Pixabay)
photo_camera Foto: Stefan Keller (Pixabay)

O grupo municipal socialista insiste a través dunha moción, en reforzar  o CIM local. Así apuntan, entre outras cuestións:

  • aumentar as horas de asistencia xurídica e de atención psicolóxica para menores
  • cubrir o posto da traballadora social

Con esta intención, volverán a presentar unha moción no Pleno de outubro.

A portavoz do grupo municipal socialista, Ana Cedeira, reitera que esta moción "está máis que xustificada tendo en conta as 49 mulleres asasinadas en España como consecuencia da violencia de xénero en 2022, e outras 49 no que levamos de 2023” .

Desde as filas socialistan apuntan que "ata 2016 o CIM de Arteixo contaba cunha directora, unha psicóloga, unha avogada e unha traballadora social asignada a este servizo, pero  no momento do nomeamento da directora do CIM como coordinadora do departamento de servizos sociais, o centro conta cunha persoa menos para a atención dos usuarios, unha situación que non foi corrixida nestes anos”.

Más en Arteixo