Galicia só ten recibido 27.010 mascarillas

Galicia só ten recibido 27.010 mascarillas A data de onte 22 de marzo, o Sergas tan só recibiu, segundo fontes de Consellería...
Sanidade Galicia, pendente recibir mascarillas por parte do Ministerio
photo_camera Sanidade Galicia, pendente recibir mascarillas por parte do Ministerio

Galicia só ten recibido 27.010 mascarillas A data de onte 22 de marzo, o Sergas tan só recibiu, segundo fontes de Consellería, 27.010 mascarillas enviadas polo Ministerio de Sanidade para afrontar a crise do coronavirus

O primeiro lote de mascarillas, 15.250, recibiuse o venres

día 13, e o segundo de 11. 760 unha semana despois.

Trátase de 25.250 mascarillas cirúrxicas e 1.760 mascarillas FFP2.

A Xunta confía en que “o

volume de mascarillas que o Ministerio asegura ter enviado a Galicia poida

facerse realidade a maior brevidade posible na comunidade galega para continuar

afrontando conxuntamente esta crise sanitaria”.

Mascarillas e Plan Coruña sen teito

Por

outra banda, a consellería de Sanidade, en colaboración co

Concello da Coruña, da Cruz Vermella e de varias entidades de voluntariado

social, vai poñer en marcha, a través da Xerencia Integrada da Coruña,

o  Plan Coruña sen teito Covid-19 con

soporte sanitario (CSTCS).

O obxectivo é  que sirva de soporte sanitario para protexer a saúde das persoas sen fogar na capital herculina e, por extensión a dos demais cidadáns, debido a situación que estamos a vivir por mor do coronavirus.

O dispositivo da consellería de Sanidade estará ubicado no

Pavillón de Deportes e Polideportivas de Riazor.

Para a atención sanitaria poderá haber un ou dous médicos,

así como un profesional de enfermería, encargados de realizar o soporte, que

será   presencial e/ou tecnolóxico ao

dispositivo alomenos menos unha vez ao día.

As persoas sen teito supoñen un colectivo especialmente vulnerable a padecer enfermidades infecciosas, tamén ao Covid-19.

Más en Arteixo