Mapa epidemiolóxico: comezan as citas

O Servizo Galego de Saúde comeza o xoves 23 de abril a realizar a primeira das dúas ondas de test que conforman o mapa epidemiolóxico galego.
O SERGAS inicia as chamadas teléfonicas para facer un estudio epidiomiolóxico en Galicia
photo_camera O SERGAS inicia as chamadas teléfonicas para facer un estudio epidiomiolóxico en Galicia

O Servizo Galego de Saúde comeza o xoves 23 de abril a realizar a primeira das dúas ondas de test que conforman o mapa epidemiolóxico deseñado pola Xunta de Galicia. Neste sentido, o obxectivo é definir a dimensión real da epidemia do COVID-19.

A segunda da súas fases, pola súa banda, terá lugar dentro de catro semanas.

Deste xeito, con mapa epidemiolóxico, a consellería de Sanidade procura un triple obxectivo:

  • estimar a prevalencia da inmunidade fronte ao Covid-19 nas diferentes localidades galegas,
  • definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade,
  • e monitorizar a evolución da epidemia durante o período de tempo en que se produza a recollida da información

O Sergas vai deseñar un mapa epidemiolóxico de Galicia a través de dúas mostras de 50.925 persoas distribuídas entre as diferentes comarcas e concellos galegos.

Dun xeito aleatorio, o Instituto Galego de Estatística (IGE) seleccionou en primeiro termo, un mínimo de 600 persoas en 38 áreas territoriais que agrupan a todas as comarcas. De seguido, distribuíu proporcionalmente os restantes test segundo a súa densidade de poboación, at chegar as 50.925 mostras por fase.


A consellería de Sanidade encargarase tanto da realización dos test como da recollida da información. Desde o xoves 23 de abril, comeza a citar a cada unha das persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo IGE . Ademais o Instituto Galego de Estatística será o encargado de enviar o listado coas persoas seleccionadas a cada un dos centros de saúde das áreas territoriais definidas.


A citación ás probas realizarase mediante contacto telefónico.

A toma da mostra consistirá nunha punción dixital que tras ser introducida nun medio reactivo, indicará se esa persoa tivo
contacto coa Covid-19 ou non. Ademais, no caso de que a persoa seleccionada para realizar a proba se atope encamada, o persoal do centro desprazarase até o seu domicilio.

Cabe subliñar que os resultados das probas comunicaranse no mesmo día da súa realización, por medio dunha nova chamada telefónica.

Segundo fontes da Conselleria, a mostraxe do IGE garante a representatividade do Covid-19 en Galicia

Neste sentido, o Instituto Galego de Estatística (IGE) encargouse de determinar o tamaño dunha mostra coa que poder debuxar o mapa epidemiolóxico das catro provincias galegas.

Así, a poboación que será obxecto de investigación serán as persoas que dispoñan da tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde e que, tras ser escollidas dun xeito aleatorio, permitirán estratificar:

  • a influencia da pandemia por áreas territoriais;
  • a prevalencia do virus segundo os diferentes tramos de idade (0-18 anos,19-64 anos e 65 ou máis anos)
  • e o seu sexo.

Más en Arteixo