Arteixo planta unha “filla” da figueira da casa Rosalía de Castro en Padrón

Plantación dunha “filla” da Figueira de Rosalía (árbore monumental e senlleira dos tempos de Rosalía)
Os presentes recordaron a Murguía, un dos intelectuales máis grande no seu tempo e esposo de Rosalía, que naceu no lugar de Froxel na parroquia de Oseiro

Trátase dun acto simbólico da Casa de Rosalía de Castro para convocar ao Certame Manuel Murguía

Hoxe presentouse un programa de actividades que están a realizar a Casa de Rosalía de Castro e o Concello de Arteixo. Por iso, realizouse a plantación dunha “filla” da figueira na contorna do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Participou do mismo o investigador Xosé Luis Axeitos, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e de varios concelleiros da corporación de Arteixo e do alcalde. Trala plantación, realizouse a presentación dos libros "Cartas a Murguía (1886-1923)" e "IV Correspondencia da familia Murguía-Castro e outras cartas".

O evento finalizou coa presentación das bases da convocatoria da 31 edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. Os presentes recordaron a un dos intelectuales máis grande no seu tempo e esposo de Rosalía, que naceu no lugar de Froxel na parroquia de Oseiro. De todos e todas é coñecida a vinculación entre ambos y non se podería entender a obra de unha sen o outro e viceversa.