Mago Martín Camiña visita hoxe o auditorio de Meicende

A rapazada que se achegue ao Centro Sociocultural poderá disfrutar ás 20:00 horas do novo espectáculo do Mago Martín Camiña chamado "LinguaDO país"

Hoxe, venres 22, a rapazada de Meicende que se achegue ao Auditorio do Centro Sociocultural poderá disfrutar ás 20:00 horas do novo espectáculo do Mago Martín Camiña chamado "LinguaDO país".

Trátase dun fantástico proxecto máxico-lingüístico para toda a familia que nos chega da Rede Cultural da Deputación da Coruña. O face para lembrarlle ao Google que aquí non sabemos onde están: Arteijo, Mugía, Rianjo nin Sangenjo.

O novedoso espectáculo é para lembrar que á doutora, ao avogado ou á xuíza, se lles pode falar en galego nos seus postos de traballo, xa que seguiremos tendo o mesmo problema de saúde, de preitos ou do que sexa, digámosllo en galego ou noutra lingua.

Pola sua parte, o Mago Martín Camiña está cheo de sorpresas e de: axóuxeres, lixivias, bolboretas, beizos, garabatas, gravatas, cóxegas, meigallos, folerpas...en resumo, un espectáculo máis abraiante que escoitar galego no centro da Coruña. Non quedes sen o teu convite e podes recoller a túa invitación 1 hora antes da función na conserxería do CSC de Meicende.

Más en Arteixo