Larín: licitación de obras en Areal, Pedroso e Coque

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou o 13 de xuño 2019, na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, a licitación das obras de saneamento e abastecemento nos núcleos de Areal, Pedroso e Coque, na
parroquia de Larín, en Arteixo, por un investimento de case 176.000 euros.

As empresas interesadas na execución destas actuacións, cun prazo duns tres meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 10 de xullo.

Os traballos consistirán na execución dunha rede de fecais cunha lonxitude total de 1.546 metros de tubaxe. Esta constará de dous colectores principais e dous secundarios, que recollerán os vertidos das vivendas situadas a ambas marxes da estrada AC-552 para conducilos á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Groba.

Estas actuacións dánlle resposta ás necesidades en infraestruturas hidráulicas da parroquia, que está a rexistrar unha crecente actividade turística, polo que precisa a ampliación de servizos básicos, como o abastecemento e o saneamento.

Más en Arteixo