Garantía Xuvenil

Garantía Xuvenil pódeche axudar a través de la mellora da intermediación y da empregabilidade, os estímulos á contratación e do fomento do emprendemento...

Pablo Rodríguez Gómez (Rede Galega de Dinamización Xuvenil)

enero Garantía XuvenilArteixo é un dos municipios galegos cunha media de idade máis nova. Sensible a este dato sociolóxico a dirección de El Diario de Arteixo decidiu dedicar mensualmente unha sección no xornal á información xuvenil. A elaboración dos seus contidos correrá a cargo dos técnicos da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, e nela abordaranse todos os programas que nos campos da participación, empregabilidade, a educación non formal e o voluntariado; poña en marcha a Dirección de Xuventude e Voluntariado, así como a Xunta de Galicia, en xeral.

O obxectivo da Rede Galega de Dinamización Xuvenil é salvar a distancia que existe entre a administración e os mozos. Polo que aos técnicos da Rede podedes atoparnos alí onde os movedes: concellos, centros educativos, festivais de asociacionismo, eventos de voluntariado... Unha vez feitas as presentacións, imos ao gran: hoxe querémosvos falar de Garantía Xuvenil. Trátase unha iniciativa comunitaria, no contexto do Fondo Social Europeo. O programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven que se articula para dar resposta á situación laboral na que vos atopades moitos mozos menores de 25 anos, e contempla actuacións para mellorar a vosa empregabilidade, facilitar a vosa inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e, en definitiva, mellorar a vosa situación dentro do mercado de traballo.

Cómo te pode axudar Garantía Xuvenil? Se es un mozo de menos 25 anos (menos de 30 se tes un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%), estás empadroado nun concello galego e remataches os teus estudos ou estás desempregado e non realizas ningún tipo de formación regulada; Garantía Xuvenil pódeche axudar fundamentalmente a través de catro eixes principais:

  1. Mellora da intermediación. Na vosa labor de busca de alternativas de traballo, non ides estar sós. Nas oficinas de emprego do Servicio Público de Emprego de Galicia seredes asesorados por técnicos que terán como misión a vosa incorporación ao mercado laboral. Tamén colaborase con entidades, con e sen ánimo de lucro, debidamente acreditadas e autorizadas, co fin de derivar cara a elas algunhas das actuacións dirixidas a incorporarvos no mercado de traballo.
  2. Mellora da empregabilidade. A través de programas formativos, programas de adquisición de experiencia e prácticas non laborais en concellos, entidades sen ánimo de lucro e empresas; axudámosvos a mellorar o voso currículo para que resulte máis atractivo no mercado laboral.
  3. Estímulos á contratación. As empresas que decidan contratarvos de forma temporal ou indefinida, así como as que transformen os vosos contratos temporais en indefinidos, gozarán dunha serie de incentivos fiscais. Polo que a vosa contratación lles resultará máis atractiva que a doutro mozo que non estea a participar neste programa.
  4. Fomento do emprendemento. Se no que estás pensando é en facerte autónomo ou crear a túa propia empresa Garantía Xuvenil bótate unha man cunha axuda a fondo perdido de ata 1200 € e cun programa de análise de competencias e hábitos, definición de ideas empresariais e tutorización do plan de empresa.

Que teño que facer para beneficiarme de todas estas vantaxes? Pois simplemente inscribíndote no Sistema de Garantía Xuveil a través da sua páxina web e co teu DNI electrónico ou Certificado Dixital. Non caso de que non dispoñas de DNI electrónico ou Certificado Dixital, a solicitude de inscrición se pode realizar coa axuda de persoal especializado en calquera oficina das Cámaras de Comercio únicamente presentando o DNI convencional. A cámara máis próxima é a da Coruña na rúa Alameda n.º 30-32. Como xa imaxinaredes, toda esta información esta á vosa disposición dunha forma moito máis detallada na mencionada web de Garantía Xuvenil.

Non quero rematar este artigo sen animarvos a que visitedes tamén a web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, onde poderedes estar ao día de todos os programas e actividades que dende a administración se ofrece aos mozos.

Ata o próximo mes, e non deixedes escapar estas oportunidades que vos ofrece Garantía Xuvenil.

Más en Arteixo