Feijóo sobre "a educación en igualdade de oportunidades"

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visita o CEIP Virxe da Cela de Monfero para falar sobre a igualdade de oportunidades na educación.
photo_camera O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visita o CEIP Virxe da Cela de Monfero para falar sobre a igualdade de oportunidades na educación.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a educación en igualdade de oportunidades como piar imprescindible para un rural no que vivir e no que crecer.

Durante unha visita ao Centro Público Integrado Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, Feijóo aseverou que a Administración galega seguirá apostando por un sistema educativo con máis plurilingüismo; con máis libros dixitais -Galicia conta este ano con 551 centros educativos en E-dixgal, 81 máis que o pasado ano-; e con máis servizos. Sobre este último punto, referiuse á aposta pola potenciación dos comedores escolares, cun incremento das partidas para todos os programas: comedores de xestión propia (48,2M€), dos concellos (0,7M€) e axudas a Anpas (1,2M€). E ao transporte escolar, sendo Galicia a comunidade que máis orzamento destina a este servizo, con 85.531 alumnos beneficiarios de 773 centros públicos.

Ao longo da visita, o titular do Executivo autonómico referiuse ao CPI Virxe da Cela como un centro de referencia pola súa implicación nas diferentes iniciativas impulsadas desde a Consellería e que abarcan eidos como a innovación, a sostibilidade, a convivencia, o voluntariado ou a vida saudable. Neste sentido lembrou que o centro participa, por exemplo en programas como CPinnova e CPinclúe; Monfero Solidario -premio galego de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global-; Somos paisaxe, somos vida; ou Centros activos e saudables.

Feijóo concluíu poñendo en valor o traballo diario dos docentes que fai posible que os alumnos deste CPI teñan as mesmas oportunidades que os estudantes dos situados en núcleos de poboación de maior tamaño.

Más en Arteixo