Faíscas estrea en Meicende a súa nova comedia de teatro familiar

Te apetece teatro cómico familiar? O grupo de teatro da Asociación Cultural Faíscas estrea ás 20:00 h do venres 21 de abril, no Auditorio de Meicende, a súa nova comedia "Un fiambre, unha rosca e un can can".

A comedia cóntanos que no pazo dos carballos viven varias mulleres, todas elas relacionadas familiarmente. Un feito inesperado como é o asasinato do dono da casa ven revolucionar a tranquila vida familiar... Ou non tan tranquila? Todas e cada delas teñen un segredo oculto e un móbil para cometer o delito. Unha tenente da Garda Civil, galega de pai escocés, e a súa inxenua axudante tentarán descubrir a verdadeira culpable. Outros pintorescos personaxes virán enredar unha tola trama protagonizada integramente por mulleres.

Faíscas leva mais de quince anos ofrecendo espectáculos teatrais cómicos para toda a familia

A Asociación cultural Faíscas leva mais de quince anos ofrecendo espectáculos teatrais cómicos para toda a familia así como diferentes animacións de rúa na Feira Histórica Arteixo 1900. Para poder asistir como público deberase recoller a invitación 1 h antes da función.

Más en Arteixo