Datos coronavirus por áreas en Galicia

De estos datos por coronavirus por áreas en Galicia: 597 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 371 da de Ourense, 290 da de Pontevedra, 633 da área de...
o número de casos de coronavirus por áreas en Galicia ascende a 2.627
photo_camera o número de casos de coronavirus por áreas en Galicia ascende a 2.627

Datos coronavirus por áreas en Galicia sábado 28 de enero. A Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade informa que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.627.

De estos datos por coronavirus por áreas en Galicia: 597 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 371 da de Ourense, 290 da de Pontevedra, 633 da área de Vigo, 454 da de Santiago, e 63 da área de Ferrol.

Ademais, do total de pacientes positivos, 110 permanecen en UCI, 652 están en unidades de hospitalización e 1.865 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 95 altas de pacientes e 50 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 12.885.

Ainda dos esforzos, un dos colectivos máis afectados é o formado por as persoas maiores.

Última hora datos por áreas coronavirus Galicia

O 26 de marzo a Educación social galega emitiu este Comunidado : Educación social con persoas maiores en tempos de coronavirus.

No devir dos últimos días, sexa cal sexa a fonte de

información, as persoas maiores sitúanse baixo o foco.

Isto débese a que é este o colectivo máis vulnerable e

afectado polas consecuencias do coronavirus.

Arrastrando, consigo, unha triste e desoladora realidade na

que debemos centrar todos os nosos esforzos e por suposto, tamén, os nosos

recursos.

A Educación Social galega, como non podería ser doutro xeito, súmase ao recoñecemento de todas aquelas e aqueles profesionais que, por mor da súa responsabilidade laboral, non poden quedar na casa e saen día tras día a desempeñar as tarefas que lle corresponden, coidando así daqueles/as que no seu momento xa coidaron de nós.

A Educación social galega fronte o coronavirus

Dende o GEIX, somos conscientes da realidade que están a

vivir as persoas maiores nestes momentos e queremos trasladar, tanto ás

profesionais como usuarias, o noso máis sincero apoio nestes momentos que nos

está tocando vivir.

A desatención por falta de recursos, a urxencia de respectar protocolos pouco viables, a necesidade de ofrecer ás familias unha atención de calidade ás súas demandas… Son algunhas das situacións que nos xeran, día tras día, angustia e desesperación. Para todas e todos: moita forza.

GEIX

Podemos dicir, de xeito concreto, que a terceira idade en

contexto institucional, é un colectivo, se cabe, aínda máis especial.

Convivir cun grupo de iguais nun centro ou residencia, acostumarte

ao desenvolvemento de certas rutinas diarias, ser atendido/a por profesionais

altamente formados/as e de confianza, a proximidade, a calidez… o bo trato e a

atención centrada nas persoas é algo que estamos vendo alterado hoxe en día.

Neste senso, dende o GEIX, condenamos calquera situación que

dificulte ou impida o pleno desenvolvemento das funcións de Educadores e

Educadoras Sociais, así coma o resto de profesionais sociosanitarias, no ámbito

de Persoas Maiores con garantías de calidade.

É o momento de devolver aos nosos/nosas maiores todo canto

nos aportan e aportaron no seu día.

E tempo de estar á altura, de traballar xuntos/as e esixir

melloras, de garantir uns coidados de calidade.

É tempo de seguir na loita. É tempo de Educación Social.

Más en Arteixo