Covid-19: 282 nuevos casos en Galicia

Covid-19 Galicia última hora: desde onte a hoxe martes 31 de marzo, o Covid-19 suma 282 novos casos na comunidade autónoma galega
Parte Covid-19 en Galicia martes 31 de marzo
photo_camera Parte Covid-19 en Galicia martes 31 de marzo

Covid-19 Galicia: 282 nuevos casos . Desde onte a hoxe martes 31 de marzo, o Covid-19 suma 282 novos casos en Galicia

Ademáis, desde a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia informan no parte de hoxe que o número de casos de Covid-19 en Galicia ascende a 3.758:

  • deles 817 son da área da Coruña,
  • 371 da de Lugo,
  • 520 da de Ourense,
  • 366 da de Pontevedra,
  • 928 da área de Vigo,
  • 547 da de Santiago,
  • e 209 da de Ferrol.

Tamén comunican que do total de pacientes positivos: 147 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 187 altas de pacientes e 94 falecementos.

Novo circuito de urxencias no CHUAC

Noutra banda, o Servizo de Urxencias do Hospital Universitario A Coruña (HUAC), dividiuse para mellor atención durante a crise do Covid-19 en dúas zoas diferenciadas. O obxetivo foi establecer circuítos separados: unha para pacientes con sospeita de COVID19 positivo e outro para patoloxías comúns.

Como resultado, debido ao aumento do número de pacientes sospeitosos de COVID plantexouse a necesidade de habilitar nun futuro outro espazo para dar asistencia a pacientes “NON COVID19”.

Así, o novo espazo habilitado, cunha superficie de 620m 2 , estará situado no segundo andar do HUAC, na zona que anteriormente ocupaban as consultas externas.

Por ejemplo además disporá de boxes de críticos, boxes de primeira atención, consultas para patoloxía de baixa prioridade, áreas de observación e área de tratamento de sillóns, ademais dun fácil acceso ao servizo de radiodiagnóstico, ubicado no mesmo andar.

Tamén nesta área, ubicada no segundo andar, atenderase patoloxía xeral, mentres que no servizo de urxencias do primeiro andar, a atención será para pacientes con patoloxía sospeitosa de COVID 19.

Para rematar o acceso de todos os pacientes que acudan ao servizo de urxebcuas sigue a ser o mesmo.

Más en Arteixo