O Bng Arteixo presenta iniciativas para a construcción da circunvalación de Meicende

O Bng Arteixo retoma o tema de importancia para Meicende
O Bng voltará solicitar a dotación de 6.600.000 euros para la construcción da circunvalación en Meicende para atender as reclamacións vecinais

Nas vindeiras semanas se presentarán outras iniciativas para premer tanto ao goberno da Xunta de Galicia coma o do Estado a atender as reclamacións vecinais de Meicende e Pastoriza

O Bng voltará solicitar a dotación de 6.600.000 euros para la construcción da circunvalación en Meicende. En 2015 consignáronse nos orzamentos do Estado pouco máis de 3 millóns de euros para a obra que finalizaría en 2016. A mesma, permitiría evitar o tráfico pesado e de mercadorías perigosas (gas, butano, propano...) pola zona.

Coa construción do vial que vai ao Porto Exterior abriuse a posibilidade de poder facer unha alternativa que beneficiase tamén á veciñanza de Pastoriza. Permitiría a conexión tanto en dirección A Coruña como Arteixo facendo unha conexión directa coa industria da contorna.

Desde o Bng de Arteixo indican ademáis que a reclamación non vai ser só presentar a emenda. Se acompañará doutras iniciativas nas vindeiras semanas para premer tanto ao goberno da Xunta de Galicia coma o do Estado a atender as reclamacións vecinais da parroquia de Pastoriza.