Máis intervencións cirúrxicas e máis urxencias

Á espera media dunha intervención cirúrxica para os pacientes con patoloxía de prioridade 1 cerrouse no ano 2019 con 15 días
Actividade no CHUAC no 2019
photo_camera Actividade no CHUAC no 2019

Segundo ven de informar fontes da consellería de Sanidade, ó longo do pasado ano 2019 realizáronse nos quirófanos da Área Sanitaria de A Coruña e Cee 40.779 intervencións cirúrxicas, 2.556 operacións máis que no ano 2018.

Con este aumento da actividade cirúrxica conseguiuse reducir

o tempo medio de espera en preto de 7 días.

Só no CHUAC o número de intervencións cirúrxicas realizadas ascendeu a 37.091.

En canto á actividade desenvolvida nos quirófanos do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ascendeu ás 3.688 intervencións cirúrxicas , 332 máis que no mesmo período do pasado ano.

Por ende, o tempo medio de espera para os pacientes con patoloxía de prioridade 1 á espera dunha intervención cirúrxica cerrouse con 15 días, cifra moi por debaixo do obxectivo establecido en 30 días.

Pola súa banda o número de persoas atendidas nos servizos de urxencias do CHUAC ao longo do ano 2019 acadou as 183.439, 6.352 máis que no mesmo período do pasado ano.

En canto o número de urxencias atendidas o pasado ano no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee foi lixeiramente superior ao 2018, 17.170 fronte ás 16.288.

Ademáis o número de consultas externas realizadas na Área Sanitaria da Coruña e Cee, ascendeu a817.942 consultas, case 41.889 consultas máis que no mesmo período do ano anterior, reducíndose o tempo medio de espera para primeira consulta en 7 días.

No CHUAC, ao longo do ano 2019, realizáronse un total de 752.967 consultas, 40.710consultas máis que no ano 2018.

Tamén no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, ao longo do ano 2019, realizáronse un total de64.975 consultas, 1.179 consultas máis que no ano 2018.

Si falamos do número de consultas de telemediciña (e_consultas) realizadas entre atención primaria e atención hospitalaria ao longo do pasado ano ascendeu a 26.231, o que supón 3.736 consultas máis que no mesmo período do ano 2018.

Actividade centros Atención Primaria

No caso da atención nos centros de primaria, o número total de consultas realizadas polos distintos profesionais que desenvolven a súa actividade nos centros de atención primaria da Área Sanitaria de A Coruña e Cee ascende a 5.051.907, o que supón preto de 14.000 consultas diarias.

Do total das consultas realizadas, 4.387.160 corresponden a consultas presenciais e 523.562son consultas telefónicas.

Así o número de atencións realizadas nos PAC´s ao longo do pasado ano ascende a 400.533.

Ingresos hospitalarios

O número de ingresos realizados no CHUAC ao longo do ano 2019 foi de 42.473, o que supón 542 máis que no mesmo período do ano 2018, reducíndose a estadía media en 0,1 días.

En concreto no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee o número de ingresos realizados en 2019 ascende a 2.624, cifra similar á do ano 2018, manténdose tamén a estadía media en parecidos parámetros.

Con respecto ás vías rápidas, o tempo medio para acceder a elas atópase moi por debaixo dos 15 días que é o parámetro establecido polo SERGAS:

Vías rápidas

  • cancro de pulmón está en 5 días,
  • cancro de próstata en 10 días,
  • cancro de mama en 8 días,
  • cancro de vexiga en 9,8 días,
  • cancro colorectal en 6,4 días,
  • melanoma en 6,5 días, e a de
  • cancro de cabeza e colo en 7,3 días

Probas diagnósticas

Tamén en canto á actividade realizada polo servizo de radiodiagnóstico do CHUAC, cabe resaltarque o número de estudios realizados mediante TAC incrementouse en 2.314 o que permitiu reducir o tempo medio de espera a 65 días.

No caso das probas de radioloxía convencional estas incrementáronse en máis de 7.500 conrespecto ao pasado ano. De igual xeito aumentouse o número de probas de RNM acadando as 16.370.

Ademais en canto ao número de probas diagnósticas realizadas no Hospital Virxe da Xunqueira deCee, o aumento da actividade permitiu reducir os tempos medios de espera.

Neste campo o número de estudos realizados mediante TAC foi de 4.654, o que supón un incremento de 292 máis con respecto ao ano 2018. De igual xeito aumentouse o número de probas de RNM (resonancia magnética) en máis de 434, pasando das 1.677 ás 2.111.

Más en Arteixo