Campamentos de Semana Santa 2022 organizados por Educación do concello de Arteixo

A concellería de Educación de Arteixo propón para Semana Santa os campamentos Divernatura, Música e Paz e Viaxando polo mundo
Semana Santa en Arteixo, campamentos organizados por Servicios Sociales
photo_camera Campamentos de Semana Santa organizados por el Departamento de Educación del Concello de Arteixo

Os campamentos manterán a inscrición aberta desde o 28 de marzo ata o 1 de abril

A proposta da concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación de Arteixo para Semana Santa inclúe: Campamentos concilia, Laboratorio Musical e Diversidade funcional. As normas xerais de aplicación a esta convocatoria de preinscrición son:

  • As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición a través de correo electrónico ([email protected]) do 28 de marzo ao 1 de abril
  • Deberán poñer no asunto campamento SEMANA SANTA 2022
  • Adxuntar o impreso de solicitude dos campamentos e o impreso de declaración complementaria DESCARGAR AQUI
  • Realizarase preinscrición para analizar necesidades das familias de cara á conciliación no período de Semana Santa 2022. DESCARGAR AQUÍ
  • No caso de superar o número de prazas ofertadas procederase ao sorteo que se celebrará nas instalacións do departamento de educación o día 4 de abril ás 10 horas
  • O prazo de formalización de matrícula será do 4 ao 6 de abril

Campamento Concilia "Divernatura"

  • Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias
  • Ofrecer outra alternativa de ocio e tempo libre ós nenos e nenas menores do Concello.
  • Formar ós participantes, fomentando comportamentos que promovan unha interacción da sociedade co medio ambiente
  • Adquirir maior sensibilidade e conciencia co medio ambiente.
  • Destinatarios: rapazada de Infantil (2º ciclo) e Primaria empadroada.
  • Temática: DIVERNATURA. A natureza proporciónanos sempre todo o que precisamos para vivir. Na actualidade, o uso que facemos dos recursos que nos proporciona a natureza, comezou a ser un problema, xa que algún deles, como o petróleo, a madeira, ou o aluminio son escasos e valiosos
  • Utilizar os menos recursos naturais para non esgotalos e xerar menos lixo nas nosas actividades son acción que podemos realizar e que resulta una aportación valiosa ó noso medio ambiente.

Días 11, 12,13 e 18 de abril de 10:00 a 14:00 horas. Lugar de execución: Aula da Natureza. Ademáis conta con sevizos complementarios:

Madrugadores dende ás 7:15 horas
Xantar de 14:00 a 16:00 horas
Ludoteca de 16:00 a 17:30 horas
Transporte gratuíto

Custos: 16 euros (servizos aparte)
Madrugadores sen almorzo: 6 euros
Madrugadores con almorzo: 10 euros
Xantar: 16 euros
Ludoteca: 6 euros

Campamento laboratorio musical "Música e paz"

  • Trátase dunha actividade lúdico educativa orientada a complementar a formación ofrecida dende a Escola Municipal de Musica de Arteixo.
  • As/os inscritos participarán en tres propostas de obradoiros diferentes en cada xornada que serán parte dun eixe común. Os traballos desenvoltos en cada un estarán coordinados para conseguir un produto conxunto.
  • O obxectivo final da actividade, será a creación dunha mostra do traballo desenvolto e por tanto, do produto conxunto anteriormente mencionado:
  • Traballarase a aplicación das novas tecnoloxías na música, desenvolverase a expresión artística mediante a creación do atrezzo así como a expresión corporal e musical. Nesta ocasión, traballarase como contido transversal, “A música e a paz”.
  • A través dunha metodoloxía vivencial, enfocarase a música como un elemento clave nun escenario social como o actual, onde a paz convértese nun factor
    máis relevante ca nunca para o desenvolvemento persoal e social a nivel global.

Destinatarios: 30 nenos e nenas de idades entre os 4 e 12 anos
Campamento de 10:00 a 14:00 horas
Datas de desenvolvemento: 11,12,13 e 18 de abril
Horario: 4 horas/diarias. De 10:00 a 14:00 horas
Lugar de execución: Centro Cívico Cultural de Arteixo

Campamento Diversidad Funcional "Viaxando polo mundo"

Realización de actividades como musicoterapiae actividades sensoriais. Os obxectivos son:

  • fomentar a autonomía persoal das persoas con diversidade funcional, dándolle especial atención as súas habilidades sociais
  • Impulsar unha inclusión social das persoas con diversidade funcional, participando nas actividades do entorno de forma igualitaria ó resto da sociedade e nas mesmas condicións

Destinatarios: rapaces e rapazas con idade a partir de 12 anos e con diversidade funcional. Datas de execución: 11, 12, 13 e 18 de abril na Aula da Natureza

  • Horario: de 10:00 a 14:00 horas más servizos complementarios:
  • Madrugadores dende ás 7:15 horas
  • Xantar de 14:00 a 16:00 horas
  • Ludoteca de 16:00 a 17:30 horas
  • Transporte gratuíto

Custo : 16 euros (servizos aparte)

  • Madrugadores sen almorzo: 6 euros
  • Madrugadores con almorzo: 10 euros
  • Xantar: 16 euros
  • Ludoteca: 6 euros
  • Transporte gratuíto