Actividades pola convocatoria da 31 edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

Programa de actividades na contorna do premio Manuel Murguía
As actividades inclúen unha conferencia, plantación dun árbore, presentación de libros e convocatoria á 31 edición do certame

O programa de actividades o realizarán a Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Arteixo

"Rosalía, Murguía e Arteixo" é un programa de actividades que conxuntamente realizarán a Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Arteixo. O obxetivo e celebrar a convocatoria da 31 edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. Os actos comezarán este mércores, 17 de novembro, coa conferencia de Xosé Luís Axeitos, historiador e académico. "Murguía: de Arteixo a pedra fundacional do galeguismo. 110 anos da súa Historia de Galicia", realizarase no IES Manuel Murguía. A conferencia está dirixida ao alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato.

Mais actos programados

Por outra parte, o día 29 realizarase a plantación dunha filla da Figueira de Rosalía (árbore monumental e senlleira dos tempos de Rosalía) no entorno do Centro Cívico Cultural. Outro dos actos programados para o mesmo día é a presentación dos libros "Cartas a Murguía (1886-1923)" e "IV Correspondencia da familia Murguía-Castro e outras cartas" de Xosé Luís Axeitos e Xosé Ramón Barreiro. O evento contará coa presenza de Axeitos e do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No mesmo acto, terá lugar unha doazón de 25 exemplares dos devanditos libros ao Concello de Arteixo.

Finalizará o evento coa presentación das bases da convocatoria da 31 edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía polo seu director literario Alfredo Ferreiro e as autoridades locais presentes.