O Triatlón Arteixo lidera a Segunda División

Tamén foi o debut das deportistas femininas nesta categoría do Triatlón Arteixo que conseguiran o ascenso en Boiro en 2019
Triatlón Arteixo se posiciona en Murcia
photo_camera Os protagonistas das probas en Murcia, deportistas do Triatlón Arteixo

A seguinte xornada será en A Coruña o sábado 19 de xuño


O equipo masculino do Triatlón Arteixo terminou a primeira xornada da Liga Nacional de clubes en cabeza tras tres probas:

  • Campionato de España supersprint
  • Campionato de España de relevos por parellas
  • Campionato de España 2x2

Durante a xornada celebrada en Águilas (Murcia) destacou o resultado da última proba cun segundo lugar. Os deportistas participantes foron Isma Vieitez, Juan Vázquez, Álvaro Gómez, David Esteban, Sebas Rivera e Facundo Medard. Neste momento, o equipo ascendería a Primeira División.

Tamén foi o debut das deportistas femininas nesta categoría do Triatlón Arteixo (conseguiran o ascenso en Boiro en 2019). Queti Iglesias, Peny Martínez, Noelia Gómez, Balbina Tardío, Uxía García e Alba Gómez fixeron unha gran actuación, conseguindo o oitavo posto, con 40 puntos sobre o descenso.

Na seguinte xornada, os nosos "xogan en casa" xa que se disputa en A Coruña o Campionato de España de clubes e o Campionato de España de Relevos. Será o 19 de xuño. Para a terceira xornada haberá que esperar a setembro e será en Roquetas de Mar.

O equipo feminino que debutó na categoría está a 40 puntos sobre o ascenso

Más en Deportes