Campus Multideporte de Semana Santa en Arteixo

Cartel do Campus Multideporte de Semana Santa en Arteixo
O Servizo Municipal de Deportes presenta o primer Campus Multideporte de Semana Santa 2021 con motivo da celebración das vacacións

A data de celebración do Campus Multideporte 2021 é 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril

O Servizo Municipal de Deportes presenta o primer Campus Multideporte de Semana Santa 2021. Con motivo da celebración das vacacións de Semana Santa, o Concello de Arteixo organiza o campus destinado a escolares nacidos entre os anos 2017 e 2006. As actividades deportivo-recreativas convirtiranse no atractivo da iniciativa, onde os nenos e nenas poderán disfrutar de xogos populares, deportes alternativos, actividades e unha festa fin de campus. O campus vaise levar a cabo nas instalacións deportivas do Concello ubicadas na zona escolar.

  • Organiza: Servizo  Municipal de Deportes Concello de Arteixo
  • Datas de celebración: 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril
  • Horario: de 10.00h a 14.00 h
  • Idades: Nados desde o ano 2017 e ata 2006
  • Número prazas ofertadas: 25
  • Ratio: 1/5
  • Prezo: 16 €
  • Inscrición e información:
    • De xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa.  981659172.
    • A través do correo electrónico deportes@arteixo.org

Reunión informativa e procedemento de inscripción

Normas de funcionamento

  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.