Arteixoven TV suma voluntarios para facer gravacións audiovisuais no municipio

O concello inverte neste programa xuvenil 14.000 euros,e as previsións para o ano 2014 son ter un equipo de voluntarios entre os 14 e os 20 anos, que recibirán formación na gravación e edición de imaxe e son, e na organización e producción de eventos; tamén chegarán a cubrir audiovisualmente máis de 60 actividades municipais relacionadas...

arteixovenEsta iniciativa pretende fomentar a producción de reportaxes audiovisuais e a responsabilidade na execución de actividades por parte da mocidade.

O concello inverte neste programa xuvenil 14.000 euros,e as previsións para o ano 2014 son ter un equipo de voluntarios entre os 14 e os 20 anos, que recibirán formación na gravación e edición de imaxe e son, e na organización e producción de eventos; tamén chegarán a cubrir audiovisualmente máis de 60 actividades municipais relacionadas coa mocidade, cultura e deportes e publicalas a traveso das redes sociais do espazo de Xuventude; e realizar 3 reportaxes documentais sobre entidades deportivas do municipio.

Os obxectivos finais do programa ArteixovenTV son establecer unha canle de difusión audiovisual das actividades municipais relacionadas coa mocidade, cultura e deporte; e fomentar a independencia da mocidade na organización de eventos do seu interese.

 

Más en Deportes